miércoles, 18 de abril de 2012

ACTIVIDADES CON MISTER-WONG

A importancia dos blogs no mundo da educación, hoxe en día, é indiscutible. Os orientadores temos que aproveitar as ferramentas e recursos que nos ofrecen para chegar dunha forma máis eficaz ó alumnado e ás súas familias. Podemos compartir multitude de recursos que fan máis fácil o noso traballo.
Nestes blogs atoparemos información relevante para todos os membros da comunidade educativa, materiais de interese para formarse en temas relacionados coa educación. Toda esta información, así como outras entradas e comentarios, podería estar máis accesible e organizada no blog persoal do orientador, en función das necesidades específicas de cada centro.
Esta ferramenta permite un importante aforro no tempo de navegación e búsqueda de información.

A figura do orientador toma importancia no proceso formador tanto do alumnado como do profesorado. A introducción das novas tecnoloxías no sector educativo fai que todos nos comprometamos no seu avance dentro da aula; o orientador debe tomar unha actitude onde comprobe que as TIC son unha ferramenta de comunicación e intercambio, unha ferramenta para informar e orientar, así como unha ferramenta para o ensino e a acción titorial.
A orientación educativa encontra nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación fontes de información para a súa autoformación e práctica profesional. O constante contacto cos profesores permite inculcar neles a filosofía innovadora da sociedade do coñecemento. Así, a orientación educativa toma protagonismo como algo innovador. Unha orientación adaptada ás tecnoloxías educativas que proporcionan recursos en beneficio das súas funcións. As TIC na orientación axudan á autoformación, que o traballo orientador sexa máis eficaz, á renovación pedagóxica,  a atender á diversidade, a coñecer como os ámbitos tecnolóxicos afectan ós alumnos …

Adoptar unha técnica efectiva para estudar é fundamental para alcanzar o éxito.
É habitual que moitas familias se pregunten como puido suspender o seu fillo se dedicou moitas horas ó estudo. E é que o fundamental non é só o tempo. Se o estudo non vai acompañado dun método e unhas técnicas de aprendizaxe adecuadas que lle permitan comprender e reter o aprendido, é moi difícil que o estudante sexa capaz de reflectir nun exame os contidos que se lle esixen.
Estudar, si, pero estudar con método. Comprender e asimilar os contidos da materia que se ten que estudar é esencial para que o tempo adicado é estudo se traduza en aprendizaxe, pero, para conseguilo ... diversas estratexias, métodos ou técnicas que aportan diferentes metodoloxías de estudo, que correctamente aplicadas poden facilitar o traballo dos alumnos.

TÉCNICAS DE ESTUDO

AS TIC NA EDUCACIÓN

A figura do orientador toma importancia no proceso formador tanto do alumnado como do profesorado. A introducción das novas tecnoloxías no sector educativo fai que todos nos comprometamos no seu avance dentro da aula; o orientador debe tomar unha actitude onde comprobe que as TIC son unha ferramenta de comunicación e intercambio, unha ferramenta para informar e orientar, así como unha ferramenta para o ensino e a acción titorial.
A orientación educativa encontra nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación fontes de información para a súa autoformación e práctica profesional. O constante contacto cos profesores permite inculcar neles a filosofía innovadora da sociedade do coñecemento. Así, a orientación educativa toma protagonismo como algo innovador. Unha orientación adaptada ás tecnoloxías educativas que proporcionan recursos en beneficio das súas funcións. As TIC na orientación axudan á autoformación, que o traballo orientador sexa máis eficaz, á renovación pedagóxica,  a atender á diversidade, a coñecer como os ámbitos tecnolóxicos afectan ós alumnos …

BLOGS EN MISTER WONG