miércoles, 28 de marzo de 2012

UN BLOG DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA


Moitos docentes afirman que bloguear é a actividade de desenrolo profesional que máis os beneficiou. Permite reflexionar sobre a evolución do seu traballo. Permite progresar en competencias TIC; non se pode ignorar este tipo de tecnoloxías se se desexa participar e entender a evolución actual no campo educativo. Permite comunicarse con outros profesionais da educación. Permite conectar cos alumnos e as familias. Permite mellorar a presentación oral e escrita. Permite desenvolver o teu lado creativo, usando imaxes, videos, audio, refráns, enlaces a páxinas, dándolle un toque persoal. Permite expandir as túas oportunidades profesionais. Permite cambiar a imaxe pública do docente, con autoformación e innovación.
 
A importancia das TIC no mundo da educación, hoxe en día, é indiscutible. Os orientadores tamén temos que aproveitar as ferramentas que estas nos ofrecen para chegar dunha forma máis eficaz ó alumnado e ás súas familias. Aprender a manexalas supón un esforzo que merece a pena, xa que en internet podemos compartir multitude de recursos que fagan máis fácil o noso traballo.
Aínda que os alumnos pertenzan á xeración de nativos dixitais, necesitan desenrolar estas habilidades, xa que con frecuencia se conforman coa primera información que lles salga nun buscador, sen ningún tipo de análise crítica, sen cuestionar a fiabilidade da fonte. Traballando desde a acción titorial e a orientación con esta ferramenta, axudaremoslles a ser máis autónomos e aprender onde poder encontrar información fiable e de utilidade.
Desde esta perspectiva, un obxectivo do blog sería proporcionar ferramentas e información relevante para a toma de decisións vocacionais, tanto ó alumnado como á familia. Asimesmo, inténtase ofrecer ás familias materiais de interese para formarse nos temas relacionados coa educación dos seus fillos.
Unha das vantaxes do blog é poder resolver as súas dúbidas puntuais sen necesidade de concertar unha entrevista co conseguinte aforro de tempo. Ademáis, ó quedar as preguntas e as respostas publicadas poden servir a outras persoas con interese nos mesmos asuntos, en constante actualización.
Outro obxectivo é o de recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación, materiais, relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. Cando se encontra un recurso de utilidade para o traballo pódese colgar no blog, así tense toda esa información moito máis accesible e organizada.
“As TIC foron chegando con forza á educación e chegaron para quedarse. Neste aspecto, os orientadores tamén temos que poñernos as pilas e aprender a manexar as ferramentas que nos ofrecen para facer mellor o noso traballo e poder chegar de forma máis eficaz a toda a comunidade educativa.”
 
A creación dun blog, que pode definirse como unha páxina web de autoría preferentemente individual, na que os artigos aparecen ordenados pola data de publicación e que se actualiza frecuentemente,  non é unha tarefa complexa nen require de coñecementos informáticos elevados. Cremos que é unha aposta pola publicación en internet moi sinxela, con grandes posibilidades de interactividade e sen coste.
A planificación dun blog que pretende servir como Guía de Información Académica e Profesional é unha tarefa en construcción permanente. Consideramos que a elaboración dun blog require dun traballo previo de documentación e dunha boa disposición para a aprendizaxe diaria (un blog é unha ferramenta de formación).
Aprendizaxe e formación que ten unha estreita relación coa posibilidade de modificación da información (cambios nos contidos, actualizacións, engadidos) dunha maneira moi sinxela; o que fai dos blogs, unha ferramenta moi eficaz einteresante, entre outras.
O mantemento dun blog e a creación de contidos non pode realizarse sen unha eficaz planificación. Por elo, a nosa experiencia na elaboración de distintos recursos para a información académica e profesional do alumnado de Educación Secundaria é, xunto con outras aportacións, a base sobre a que se artella a creación do Blog de Orientación.