miércoles, 18 de abril de 2012

AS TIC NA EDUCACIÓN


A figura do orientador toma importancia no proceso formador tanto do alumnado como do profesorado. A introducción das novas tecnoloxías no sector educativo fai que todos nos comprometamos no seu avance dentro da aula; o orientador debe tomar unha actitude onde comprobe que as TIC son unha ferramenta de comunicación e intercambio, unha ferramenta para informar e orientar, así como unha ferramenta para o ensino e a acción titorial.
A orientación educativa encontra nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación fontes de información para a súa autoformación e práctica profesional. O constante contacto cos profesores permite inculcar neles a filosofía innovadora da sociedade do coñecemento. Así, a orientación educativa toma protagonismo como algo innovador. Unha orientación adaptada ás tecnoloxías educativas que proporcionan recursos en beneficio das súas funcións. As TIC na orientación axudan á autoformación, que o traballo orientador sexa máis eficaz, á renovación pedagóxica,  a atender á diversidade, a coñecer como os ámbitos tecnolóxicos afectan ós alumnos …


No hay comentarios:

Publicar un comentario