lunes, 26 de marzo de 2012

Clave21.BlogOrientación

LIGAZÓN 3

1 comentario:

  1. A importancia das TIC no mundo da educación, hoxe en día, é indiscutible. Os orientadores tamén temos que aproveitar as ferramentas que estas nos ofrecen para chegar dunha forma máis eficaz ó alumnado e ás súas familias. Aprender a manexalas supón un esforzo que merece a pena, xa que en internet podemos compartir multitude de recursos que fagan máis fácil o noso traballo.
    Aínda que os alumnos pertenzan á xeración de nativos dixitais, necesitan desenrolar estas habilidades, xa que con frecuencia se conforman coa primera información que lles salga nun buscador, sen ningún tipo de análise crítica, sen cuestionar a fiabilidade da fonte. Traballando desde a acción titorial e a orientación con esta ferramenta, axudaremoslles a ser máis autónomos e aprender onde poder encontrar información fiable e de utilidade.
    Desde esta perspectiva, un obxectivo do blog sería proporcionar ferramentas e información relevante para a toma de decisións vocacionais, tanto ó alumnado como á familia. Asimesmo, inténtase ofrecer ás familias materiais de interese para formarse nos temas relacionados coa educación dos seus fillos.
    Unha das vantaxes do blog é poder resolver as súas dúbidas puntuais sen necesidade de concertar unha entrevista co conseguinte aforro de tempo. Ademáis, ó quedar as preguntas e as respostas publicadas poden servir a outras persoas con interese nos mesmos asuntos, en constante actualización.
    Outro obxectivo é o de recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación, materiais, relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. Cando se encontra un recurso de utilidade para o traballo pódese colgar no blog, así tense toda esa información moito máis accesible e organizada.

    “As TIC foron chegando con forza á educación e chegaron para quedarse. Neste aspecto, os orientadores tamén temos que poñernos as pilas e aprender a manexar as ferramentas que nos ofrecen para facer mellor o noso traballo e poder chegar de forma máis eficaz a toda a comunidade educativa.”

    ResponderEliminar