lunes, 26 de marzo de 2012

O blog como ferramenta na orientación educativa

LIGAZÓN 2

1 comentario:

  1. A creación dun blog, que pode definirse como unha páxina web de autoría preferentemente individual, na que os artigos aparecen ordenados pola data de publicación e que se actualiza frecuentemente, non é unha tarefa complexa nen require de coñecementos informáticos elevados. Cremos que é unha aposta pola publicación en internet moi sinxela, con grandes posibilidades de interactividade e sen coste.
    A planificación dun blog que pretende servir como Guía de Información Académica e Profesional é unha tarefa en construcción permanente. Consideramos que a elaboración dun blog require dun traballo previo de documentación e dunha boa disposición para a aprendizaxe diaria (un blog é unha ferramenta de formación).
    Aprendizaxe e formación que ten unha estreita relación coa posibilidade de modificación da información (cambios nos contidos, actualizacións, engadidos) dunha maneira moi sinxela; o que fai dos blogs, unha ferramenta moi eficaz einteresante, entre outras.
    O mantemento dun blog e a creación de contidos non pode realizarse sen unha eficaz planificación. Por elo, a nosa experiencia na elaboración de distintos recursos para a información académica e profesional do alumnado de Educación Secundaria é, xunto con outras aportacións, a base sobre a que se artella a creación do Blog de Orientación.

    ResponderEliminar